Top

“Explorando a Margarita” de Ainhoa Soto Boullosa

Un día, o ano pasado, estaba eu xogando co meu irmán Anxo no xardín. De súpeto a miña nai chamou a Anxo para que entrase a axudarlle a facer a merenda. Entón quedeime soa e escoitei voces. Pensei que viñan do parque, pero non. Fun ver se era a miña nai, pero tampouco. Mirei detrás da casa a ver se era algún amigo pero nada. Nun momento vireime e escoitei atentamente. Aquelas voces viñan dunha margarida!

Escoitei moi sorprendida e díxome:

– Oe ti!, axúdame, por favor!

Entón, do susto case me caio para atrás. A margarida volveume a dicir:

– Pero non te asustes muller, que non é para tanto!

E eu díxenlle:

– Como que non?, se me deches un susto de morte. As plantas non falan!

– Nunca lles falamos a os humanos, pero é que teño un problema moi grande e non sei que facer.

– Que che pasa?

– Pois que levo uns días atopándome moi mal. Xa pedín axuda ao doutor Caracol e á doutora Formiga, pero nada, non saben que facer. Por iso che falo a ti. Poderías axudarme mirando dentro de min cun microscopio a ver se ves algo?

Entón, eu contestei moi convencida:

– Encantaríame! O outro día, no meu cumpre regaláronme un microscopio moi potente, pero o problema é como te levo ata dentro da casa.

Entón ocorréuseme que podería arrincala de raíz e metela nunha maceta. Sen pensalo dúas veces, iso fixen. Cando xa a tiña na maceta corrín ao trasteiro e arrinqueille a Margarita, que así se chamaba a planta, unha pelciña do talo, tinguina de vermello e púxena na pletina. Entón vin polo ocular como unha especie de ladrillitos cun punto no medio de cada un, e tamén vin uns vermes pequeniños. Margarita díxome:

– Eses díxome a miña nai que se chaman cloroplastos e que dentro teñen un líquido para que as plantas sexamos verdes. Chámase clorofila.

Era moi raro, pero á vez moi chulo. Os dese cachiño estaban mortos e entón puxen a planta enteira na pletina xa que o microscopio era tan grande que cabía ben. Mirei e preguntei:

– Hai alguén aí?

E dixéronme:

– Si, ola, son Pepe e estes son a miña muller María, meu fillo Mario e a miña filla Natalia.

Eu, contesteille:

– Ah, hola! Eu son Ainhoa e a flor onde vivides chámase Margarita.

Entón, Pepe explicounos a min e a Margarita tiñan millóns e millóns de células e que en cada unha delas tiña cloroplastos como eles, citoplasma, membrana celular, parede celular, núcleo e, dentro del, o ADN.

De súpeto, chegou unha bacteria enorme. Pepe díxome que xa o día anterior oíra falar dela e que matara a moitos cloroplastos. Esa era a explicación dos males de Margarita!

Margarita estaba moi asustada por que tiña medo de que se morrían mais cloroplastos podería morrer ela.

Diante do obxetivo do microscopio a bacteria empezou a reproducirse máis e máis e cada bacteria nova mataba outro cloroplasto.

 

Margarita empezou a chorar moito e moi forte. De tantos cloroplastos que morreran estábase poñendo moi pálida e eu non sabía que facer.

Entón fun á floristería, conteille aos donos o que lle pasaba a Margarita e déronme un bote onde puña CLOROFASTO. Pregunteille ao vendedor:

– Qué é isto?

E contestoume:

– Un líquido feito de clorofila, con el seguro que a planta se pon ben nuns poucos minutos.

Corrín outra vez para a casa, reguei a Margarita co líquido e mirei de novo polo microscopio. Ao principio non sucedía nada. Os cloroplastos seguían moi débiles e as bacterias os destrozaban. Margarita estába morrendo!

Eu, moi asustada, volvín regar a planta. Estiven mirando uns minutos máis e, ao cabo dun rato, dende a raíz comezaron a chegar os reforzos da clorofila. Os cloroplastos comezaron a loitar con mais forza. Pouco a pouco foron gañando a batalla ata que, ao final, conseguiron derrotar ás malvadas bacterias.

Despois diso Margarita empezou a poñerse ben. Aínda estaba moi asustada, pero xa comezaba a recuperarse.

 

Cando apaguei o microscopio xa eran as dúas da mañá. Funme a durmir moi silenciosamente para non despertar aos meus pais.

Á mañá seguinte volvin plantar a margarita no xardín para que puidese vivir feliz alí e xogar cos seus amigos/as de sempre.

No colexio conteille aos meus compañeiros de clase toda a aventura que pasei e pareceulle ALUCINANTE.

Agora, cada vez que saio da casa saúdo a Margarita, régoa e coidoa coma se fose a miña irmá pequena.