Top

FESTA!!FESTA!!! SÁBADO 14 DE DECEMBRO É O GRAN DÍA!

Agardamosvos ás catro da tarde na sede da Fundación Barrié en Vigo (r/ Policarpo Sanz 31).

Moi puntuais! A radio non espera por ninguén!

Vai ser unha tarde moi intensa! Trae a merenda! Prometemos diversión e sorpresas a varrer.

Estará o noso magnífico xurado: Agustín Fernández Paz, Xosé Lois González O Carrabouxo e Cristina Trillo. Estará a Radio Galega retransmitindo en directo. E estarán pos monologuistas científicos de The BIG VAN Theory, con moito humor.

Tamén sairemos pola tele: en directo estará a retransmitir a UVigoTV (www.tv.uvigo.es), por se non podes desfrutalo ao live ou para ese amigo ou familiar que non lle cadra vir.

Este é o programa aos poucos:

16:00 Apertura do Acto
16:05 Programa “Efervescienciade Radio Galega dirixido por Manuel Vicente. Emisión en directo.

Lectura Acta do Xurado Concurso “Ciencia que Conta 2012”.

Dramatización dos relatos gañadores en cada categoría.

17:00 Entrega premios. 
17:30 Monólogos Científicos: “The BIG VAN Theory “
18:30 Remate

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Para especialistas. You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.