Top

3º Concurso de relatos: aclaración das bases

Non é imprescindíbel residir na comunidade autónoma  galega para poder participar no concurso. O que si é imprescindíbel é que o relato estea escrito en língua galega.

O comite organizador do 3º Concurso de relatos “Cienciaqueconta 2010”

9 Comments

  • agremon Says

    Unha pregunta: o ‘público en xeral’ que sería a última categoría inclúe profesores, pais, etc?

  • CGENDL Says

    Amigos/as,

    A páxina que a Coordinadora Galega de ENDL abriu para celebrar a Xornada pola Ciencia en Galego do próximo 4 de novembro inclúe información deste certame para animar ao profesorado de lingua e ciencia a que participe elaborando relatos científicos como unha actividade máis de cara a ese día.

    Ademais, colgamos información na sección “Convocatorias” e no banner de novidades da páxina matriz da Coordinadora.

    Agardamos que se sumen máis centros ca nunca a este concurso, cuxa organización cremos moi atinada e moi proveitosa para os centros escolares.

    Saúdos

    CGENDL

  • Damián Says

    Miren quería preguntarlles unha cousa, acabo de remata-lo meu relato e ten ó redor de 1350 palabras máis unha nota ó final con algunhas aclaracións sobre o tema, xunto con esta nota independente do texto a suma de palabras ascende a unhas 1450, mais a historia non ocupa dous páxinas do word, a miña pregunta é se teño que reducir o texto ata as 1000 palabras e se é así se contarían as palabras da nota ó final do texto.

    Grazas por adiantado, Damián

    • cienciaqueconta Says

      Debes limitar o texto a 1000 palabras, pois doutro xeito o xurado podería eliminalo por incumprimento das bases. En todo caso, as aclaracións déixaas ao final, como fóra do relato.

  • Breixo Says

    Boas noite, quixera preguntarvos se existiría a posibilidade de que recollésedes relatos un ou dous días despois de que expire o prazo de entrega. Grazas!!

    • cienciaqueconta Says

      Atendendo algunhas peticións de concursantes e tendo en conta que o día 30 é sábado e os centros de ensino están pechados, ampliamos o prazo de recepción dos relatos até o 2 de novembro inclusive.

      O martes 2 de novembro será o día límite para recibir o relato en cienciaqueconta@uvigo.es.

      O comite organizador do 3º Concurso de relatos “Cienciaqueconta 2010″

  • Laura Says

    Que emocion!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Deixa una resposta a cienciaqueconta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Para especialistas. You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.