Top

Xa están aquí… os seleccionados!

Uf! Non daba chegado este momento! O Xurado -logo de longas e vagarosas lecturas- reuniuse onte 15 de novembro e escolleu os mellores relatos de cada categoría, corenta en total. Aí van:

Relatos seleccionados Categoría Primaria

Relatos seleccionados Categoría Secundaria

Relatos seleccionados Categoría Bacharelato

Relatos seleccionados Categoría Público Xeral

Atentos os seleccionados. Mañá publicaremos os premiados, os elixidos entre os elixidos (5 de primaria, 5 de secundaria, 3 de bacharelato e 3 de público en xeral).

E parabéns para todos os que participáchedes. Non cabían todos!

E todos e todas ide reservando a tarde do sábado 20 de novembro. A cita é ás catro no Museo do Mar en Vigo. Entrega de premios e moitas sorpresas. Non o perdades! (Teñades premio ou non, pagará a pena!)

4 Comments

  • Daniel Says

    Como se fai para ver os seleccionados? onde hai que clicar?

  • María G Says

    Non o podo creeeeeeeeer!!
    O meu relato é un dos seleccionados, menuda ledicia!
    Estou desexando coñecer os gañadores… Non é que teña moitas espectativas de ser unha deles, pero non podo evitar, agora que sei que fun seleccionada, ter un chisco de esperanzas.
    Noraboa a tod@s @s seleccionad@s, e que gañen @s mellores!

  • Antía Says

    O meu tamén é un dos preseleccionados… Que alegría!
    Estou impaciente por saber o nome dos gañadores… encantaríame ser unha deles, pero a ver, a ver, haberá que agardar. =)

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Para especialistas. You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.